A Rede de Turismo Pesqueiro é un proxecto financiado con fondos procedentes do programa de recuperación da Unión Europea Next Generation, dentro da convocatoria Experiencias Turismo España do Ministerio de Industria e Turismo
Burela é a capital galega do Bonito do Norte, e unha das máis importantes do mundo. Esta xoia gastronómica é todo un emblema e un dos símbolos de identidade desta vila mariñeira. Por iso, esta adícalle a a súa festa de exaltación gastronómica á Feira do Bonito, declarada de Interese Turístico Nacional, e que se adoita a celebrar na primeira semana de agosto. O público asistente pode degustar bonito en varias preparacións (tapa de salpicón, á grella, cocido, en empanada...).
Cada mes de outubro desde 1963 celébrase no Grove, á entrada da Ría de Arousa en Pontevedra, a festa adicada á exaltación do marisco galego. Mexillóns, vieiras ou navallas son tan só algunhas das opcións preparadas in situ que se poden degustar baixo carpas neste evento gastronómico, declarado de Interese Turístico Nacional. A artesanía local, a cultura mariñeira e a música tradicional tamén están moi presentes e forman parte dunha variada programación deportiva e cultural na que se inclúen seminarios e exposicións e onde destacan os Concertos do Marisco.
Con 500 anos de historia oficial, Carril, en Vilagarcía de Arousa, presume de varias xeracións adicadas ao mar. Recoñécese polo cultivo dos seus bivalvos, que son as ameixas (xaponesas, babosas e finas) e os berberechos. Unha arte que se conmemora coa Festa da Ameixa desde fai tres décadas, tras máis de catro séculos de experiencia, e que se celebra cada ano no mes de agosto. Durante a festa gastronómica, habilítanse stands para poder degustar as ameixas á mariñeira, acompañadas dos mellores viños albariños, ademais de moitas outras actividades. (Enlace Instagram)
O «Espai del Peix» do Museo da Pesca de Palamós ofrece un percorrido pola divulgación do peixe fresco de Palamós, a súa cociña e a súa gastronomía, que aborda aspectos como os seus valores nutricionais, o consumo de peixe ao longo da historia, consellos para mercar peixe, a sostibilidade, etc. Realízanse demostracións de cociña mariñeira e degustacións de pratos elaborados con especies de peixe pouco valoradas, pero cun alto valor culinario.
As Xornadas Gasronómicas do Peixe de Conil nacen en 2017 co obxectivo de pór en valor as especies pesqueiras menos coñecidas e para aumentar o seu peso comercial, ao amosaren as súas cualidades culinarias e a súa calidade a través das receitas elaboradas nos restaurantes locais durante unha semana do mes de setembro. Están organizadas pola OPP72 coa colaboración da Asociación de Jóvenes Restauradores de Conil.
A Feira do Atún e do Mar de Mogán, que celebra este ano 2025 a súa VIII edición, é unha feira gastronómica cuxa finalidade é dar a coñecer o produto que xera a pesca artesanal levada a cabo no municipio de Mogán, cuxo principal protagonista é o atún, se ben este se acompaña doutros produtos do mar tamén obtidos da pesca. O espazo no que se celebra a feira é un punto de encontro entre a cidadanía propia do municipio de Mogán e as persoas que o visitan, ambos compoñentes sociais integrados para un desenvolvemento cohesionado. As persoas asistentes teñen a oportunidade de degustar os famosos produtos do mar, cociñados en diferentes versións por restauradores locais e profesionais que fan demostracións culinarias. Todo isto nun ambiente de lecer e entretemento.
A tradicional Feira Nacional da Gamba, a Chirla e o Bocareu é unha mostra gastronómica das máis afianzadas en Andalucía. Combina a música, a restauración e a tradición de Punta Umbría e congrega a miles de persoas de diferentes partes do país que queren degustar os exquisitos alimentos do mar. Como vén sendo habitual, celébrase na data máis próxima á celebración do Día de Punta Umbría, o 26 de abril, que recorda a súa constitución como municipio independente. Este ano dará comezo o venres 25 e finalizará o domingo 27.
A Feira da Gamba, a Chirla e o Bocareu ten lugar nunha das súas prazas máis amplas e emblemáticas, a praza Pérez astor. Neste evento promociónanse os produtos máis destacados da cociña mariñeira de Punta Umbría, así como outros destacados da provincia como os embutidos e xamóns ibéricos da serra de Huelva ou os viños do Condado onubense. Xunto coa gastronomía, contarase tamén con actuacións musicais que amenizarán a xornada até ben entrada a noite.
Trátase dun respaldo popular non só ao gusto maioritario por gozar dos manxares do mar da localidade, senón que ademais signfica un apoio firme ao sector pesqueiro, a hostelería e o comercio local nunha época na que o punto álxido da tempada estival está por chegar.
A Feira do Guiso Mariñeiro de Islantilla pretende impulsar estes pratos tradicionais da costa onubense, e os produtos do mar en xeral, vinculándoos cos viños do Condado de Huelva nunha feira gastronómica e un concurso anual para profesionais do sector. Islantilla é unha praia e mancomunidade conformada polos municipios costeiros de Isla Cristina e Lepe, nacida en 1991 co obxectivo de ser un dos referentes turísticos da provincia de Huelva.
Desde a OPP72 lévase a cabo unha campaña anual para dar a coñecer a pesca artesanal nos centros escolares. Esta campaña recibe o nome de «La Mar en tu escuela» e conta con formacións nos colexios, entrega de fichas educativas, documentais e un concurso gastronómico infantil: Chef Mariñeiro. Trátase dun certame gastronómico estilo Masterchef dirxido ao alumnado de primaria dos centros educativos da provincia de Cádiz, onde cada participante elabora unha receita con peixe das lonxas gaditanas. De todos os alumnos que participan selecciónanse 7 finalistas, que se enfrontan no duelo dunha final moi disputada. Os alumnos poden enviar o seu vídeo elaborando a receita.
A mediados de setembro, Isla Cristina celebra a Xuntanza de Capitáns de Almadraba, un evento destacado que inclúe diversas actividades. Entre elas, o «Pregón Almadrabero» e a Semana da Alta Gastronomía do Atún Vermello, na que participan restauradores de renome a nivel nacional. Ademais, lévase a cabo a Mostra Culinaria do Atún, que reúne media centena de establecementos de hostelería local, os cales elaboran pratos e tapas que os comensais poden votar para elixir o bocado máis exquisito. Tamén se organiza a Cata de Atún Seco para profesionais do sector. As xornadas comezan cun espectacular ronqueo de atún, realizado en directo seguindo os estilos italiano, español e xaponés.