A Rede de Turismo Pesqueiro é un proxecto financiado con fondos procedentes do programa de recuperación da Unión Europea Next Generation, dentro da convocatoria Experiencias Turismo España do Ministerio de Industria e Turismo
O Museo da Pesca situado no porto pesqueiro de Palamós profundiza na fértil relación das persoas co mar. A través de experiencias abertas, participativas e interpretativas, invita a mergullarse na súa narrativa para descubrir o medio mariño, a pesca, o peixe e o seu consumo, co obxectivo de sensibilizar e poñer o patrimonio marítimo ao servizo do desenvolvemento sostible do territorio.
O Reina del Carmen é un antigo barco boniteiro de madeira salvado do despezamento para reconvertilo no Museo Etnográfico da Cultura Mariñeira coa colaboración da Fundación Expomar. Pódense visitar todos os seus compartimentos: cuberta, ponte, bodega e camarotes, revivindo como era a vida a bordo dun barco boniteiro dos anos 60. No seu interior expóñense os métodos de pesca tradicionais empregados na pesca do bonito con cacea ou corricán, a forma artesanal de pesca que mellor garante a calidade do produto.
O Museu Marítim de Mallorca ten dúas sedes (Palma e Sóller). O Museo do Mar de Sóller, situado no antigo oratorio de Santa Catarina de Alexandría, amosa pezas navais antigas e obxectos relacionados co traballo dos mestres d'aixa, a pesca e o comercio, maquetas de embarcacións, fotografías e imaxes históricas, documentación e outros elementos relacionados co mar distribuídos polo exterior do edificio, a entrada e unha suxerente sala de exposición decorada con madeira e tons azuis. Os mestres d'aixa, a pesca, a emigración e o comercio son os principais temas que se tratan.
Desde o Museu Marítim de Mallorca estamos desenvolvendo un proxecto territorial para recuperar e transmitir un patrimonio acumulado ao longo dos séculos e até a actualidade: barcos agochados baixo o mar, faros de gran valor, historias de navegantes, exemplares de embarcacións tradicionais, oficios do mar que están a desaparecer, a biodiversidade das nosas augas (e as accións humanas que a poñen en perigo)... Un patrimonio que nos pertence e que cremos que pode servirnos para relacionarnos doutro modo co mar. Por iso, dedicámonos a recuperalo, conservalo, difundilo e investigar sobre el.
Ubicado nun entorno de gran beleza, este espazo museístico está adicado a amosar a vida e os traballos dos pescadores galegos. Composto principalmente de dous edificios, unha antiga salgadeira do século XVIII rehabilitada con paneis explicativos e unha nave maior onde se expón unha colección de artes de pesca e marisqueo. No recinto aberto tamén se poden contemplar diversos elementos de gran tamaño, como o esqueleto dun galeón, a caldeira dun barco de vapor, unha colección de grandes áncoras ou diferentes esculturas de temática mariñeira.
O Centro de Interpretación da Pesca CIT- Garum atópase ubicado nunha antiga fábrica de salgaduras no peirao Marina, agora empregada para reunións e eventos. No seu interior atópase a Mostra sobre o Patrimonio Inmaterial Pesqueiro da Costa Occidental de Huelva en Isla Cristina. A exposición, a través de contidos autoguiados, presenta a historia da pesca en Isla Cristina desde os seus comezos. Inclúe paneis informativos, artes de pesca, maquetas de barcos e documentos históricos, como moedas de conserveiras, conservas, etc. Tamén ofrece recursos audiovisuais e aplicacións táctiles para unha experiencia interactiva e amena.
A Sala Bitácora é unha sala audiovisual inmersiva con clara esencia mariñeira, na que o visitante, a través das diferentes pantallas con audiovisuais 4k e coa proxección dun vídeo sobre Isla Cristina, poderá coñecer a historia, costumes, tradicións e recursos dos que dispón a cidade de Isla Cristina. Cunhas lentes de realidade virtual (VR) e grazas a unha recreación virtual, embarcará nunha xávega (embarcación pesqueira isleña tradicional) que regresa dunha xornada de pesca e atraca nunha Isla Cristina de fai máis de 100 anos: unha experiencia virtual única en 360º.
O Centro de Interpretación El Faro del Rompido en Cartaya está localizado no vello faro, que é o máis antigo da provincia de Huelva. O Centro de Interpretación consta de 4 salas. Na primeira amósase información sobre a Paraxe Natural Marismas do Río Piedra e Flecha de El Rompido e, nas dúas salas que dan á sala central, atópase información sobre as zonas húmidas e as súas aves, por un lado, e sobre o piñeiral de Cartaya, por outro. Na sala central ubícanse a lente do antigo faro e os paneis informativos das torres almenaras na provincia de Huelva. Tamén hai dispoñibles tótems interactivos para facer a visita máis divertida.
Desde este espazo preténdese contar de forma dinámica a historia da pesca no municipio de Cartaya, ao tempo que se promove o uso racional e sostible dos espazos pesqueiros e se dá cobertura a unha necesidade cultural que complementa a oferta turística do municipio. El Rompido é un pobo eminentemente mariñeiro que se atopa no levante da Paraxe Natural Marismas do Río Piedra e Flecha de El Rompido. A súa praia de areas brancas e finas asoma curiosamente á marxe dun esteiro e non ao océano, o que fai deste enclave un lugar único no noso litoral.